Item-Aga

Deseño e Comunicación

Descripción

Unha longa experiencia no sector do deseño gráfico e editorial, a imaxe corporativa e o desenvolvemento de campañas avala o noso traballo, sempre en constante evolución dende 1990, ano de creación de Item-Aga.

Somos un equipo multidisciplinar que atende a todo o proceso de comunicación con solucións eficaces, integradas e innovadoras.

Acompañamos aos nosos clientes ofrecéndolles os servizos de construción de marca, publicidade, web e eventos. Desde o noso Gabinete de Comunicación planificamos e xestionamos a comunicación das empresas e organismos facilitando, entre outros servizos, a relación cos medios, posta en marcha e elaboración de contidos para redes sociais e páxinas web.